martes, 23 de outubro de 2012

O alumnado de 2º.ciclo do CEIP ISIDORA RIESTRA realizou o ano pasado un traballo sobre o noso Patrimonio: O PARQUE DA MEMORIA, que está perto do noso centro. Amosamos este video, que recolle un pouco de información.

sábado, 20 de outubro de 2012

Os muíños de Auga na Galiza


De entre os numerosos traballos presentados polo alumnado do 3º ciclo de primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra (Escola Asociada UNESCO), traballando diferentes temáticas arredor do río Gafos, escollimos este para presentalo dentro de Patrimonio Industrial, no XXV Congreso das Escolas Asociadas á UNESCO, que se celebrou este ano en Madrid na primeira semana de Xullo.
Ver o texto sobre a Importancia Económica. Ver máis na Categoría do Río Gafos. Artigo relacionados: XXV Congreso Estatal das Escolas Asociadas á UNESCO

Contaminación

O Noso Medio

xoves, 20 de setembro de 2012

Midway

É alucinante o que estamos a facer moitas veces insconscientemente co lixo que xeneramos todos os días. A nosa "casa" resíntese. Todos somos cómplices do que lle deixamos ós nosos fillos. Esperemos que as cousas muden para o ben de todos.