mércores, 30 de marzo de 2011

Xogo da Avifauna


Este xogo foi feito polo un dos mestres de E. Física do noso centro, Nito, para traballar cos rapaces o bloque de contidos Actividades na Natureza. Englóbase tamén como unha actividade dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Unesco.


Moita da avifauna que aquí falamos case se nos pode presentar en moitos dos ríos que temos na Galiza Atlántica. Chamámolle do río Gafos porque é o que pasa preto do noso cole e porque é un dos representantes da zona atlántica. Esta é unha primeira parte que se completará con outras aves e paxaros e rematará con algo da flora máis importante da ribeira do río. Moita da información estase a sacar dos traballos feitos pola Asociación Vaipolorío.

Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.

Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario