mércores 02 marzo 2016

O Can de Palleiro


Traballo presentado en Word e en Power Point, sobre o Can de Palleiro, can galego en perigo de extinción.

domingo 10 xaneiro 2016

O Grove, primeira reserva ornitológica de Galicia e a maior de España

Pola súa riqueza ecolóxica. Pola diversidade de ecosistemas que acolle no seu territorio. Polo seu patrimonio natural. Estes son os aspectos que , a Sociedade Española de Ornitoloxía, ha ter en conta para crear no Grove a primeira reserva ornitológica de Galicia. Pero é que, ademais, é a primeira das nove que hai en España no que a extensión se refire e a única que inclúe ao medio mariño. A función deste recoñecemento vai máis aló de promover a preservación deste espazo e das aves que nel aniñan. «É un selo de calidade que permite pór no mapa do turismo especializado ao Grove», explicou Ramón Martín, director de coordinación de Seo . Porque o obxectivo principal desta distinción é promocionar o aproveitamento turístico e o uso público deste espazo.

Ver nova na Prensa

sábado 06 xuño 2015

Xornada Atlántica - 2015

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio". Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da Portela e  CEP Campolongo.

Ver fotos da Xornada

Artigos relacionados:





sábado 30 maio 2015

Árbores alóctonas, autóctonas, comestibles e mediciñais do CEP Campolongo en Pontenciencia 2015

Ver todas as fotos

Rematou  a investigación e as xornadas de Pontenciencia 2015. Este ano no programa houbo curtas , maxia, planetario e robotix entre outras cousas. A nosa escola presentouse con tres investigacións, a de coñecer cales eran as plantas autóctonas e alóctonas, cales eran comestibles e cales eran mediciñais. Maña sábado, a partir da unha darán os diplomas e premios tanto as escolas como as familias.  Non sabemos se ganaremos algo, o que si é certo é que fumos a escola con máis investigadores, 75 en total, todos os de 6º deste curso 2014-15.

Noraboa a todos polo traballo !

Se queredes ver as fichas presentadas podedes velas neste blogue na etiqueta Fichas Plantas  .

Prensa:

256 alumnos de colexios de Pontevedra experimentarán con investigacións científicas

Pontenciencia esperta o espírito investigador e científico de 300 escolares pontevedreses

Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?

A luz cega os escolares en Galiciencia

A segunda feira da ciencia de Pontevedra volve sorprender

Diario da Universidade: A Ciencia non enende de idades

TVG:

Demostración do Ph coas tiras do tornasol

Varios experimentos: o motor máis sinxelo, como funciona un volcán